| JAIME Y RAMÓN
OTERO CARITÓN, S.L. (en adiante JROC S.L).
Con domicilio social en General Mola (Senra), 21
en Santiago de Compostela e con CIF B15026339, ofrece
a través do seu sitio web os servicios que
no mesmo se detallan e que se rexerán polas
condicións que se establezan en función
do servicio efectivamente contratado. As presentes
condicións xerais rexen, única e exclusivamente,
no uso da web de JROC por parte dos USUARIOS-CLIENTES
(en adiante USUARIOS) que accedan á mesma.
O acceso ó sitio web de
JROC implica, sen reservas, a aceptación
das presentes condicións xerais de uso,
e o USUARIO, comprometese a non utilizar o sitio
web e os servicios ofrecidos na mesma para a realización
de actividades contrarias á lei, e a respectar
as presentes condicións xerais.
PRIMEIRA.- O sitio web de JROC foi
realizado para prestar os servicios que no mesmo
se detallan e facilitar así o acceso por
parte dos USUARIOS a toda a información
sobre as características dos mesmos, sobre
a propia entidade JROC e sobre outras informacións
complementarias que JROC inclúe directamente
ou a través dos correspondentes enlaces
ou links.
SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE
ACCESO E USO: As condicións de acceso e
uso da presente web réxense estrictamente
pola legalidade vixente e polo principio de boa
fe comprometéndose o USUARIO a realizar
un bo uso da web e dos servicios que se ofrecen.
Quedan por tanto prohibidos todos os actos que
vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de
terceiros: dereito á intimidade, protección
de datos, propiedade intelectual... Expresamente
JROC prohibe os seguintes:
- realizar accións que poidan
producir na web, ou a través da mesma,
calquera tipo de dano ós sistemas de JROC
ou a terceiros.
- realizar sen a debida autorización,
calquera tipo de publicidade ou información
comercial directamente ou de forma encuberta,
o envío de correos masivos ("spaming")
ou envío de grades mensaxes co fin de bloquear
servidores da rede ("mail bombing")
JROC poderá interromper en
calquera momento o acceso ó seu sitio web
se detecta un uso contrario á legalidade,
a boa fe ou as presentes condicións xerais
- ver cláusua sétima
TERCEIRA.- contidos: Os contidos
incorporados a este sitio web foron elaborados
e incluídos por:
- a propia entidade JROC utilizando
fontes internas e externas, de tal modo que JROC
únicamente se fai responsable polos contidos
elaborados de forma interna.
- persoas físicas e xurídicas
alleas a JROC, ben a través de colaboración
que se insiren directamente na presente web, ben
a través de enlaces ou links, sendo estas
as únicas responsables dos contidos así
introducidos e quedando expresamente exenta JROC
de toda responsabilidade.
CUARTA.- INSCRICIÓN: A utilización
da web de JROC non conleva a obrigatoriedade de
inscrición do USUARIO, esta tan só
será necesaria para solicitar determinadas
informacións mediante a introducción
de determinados datos nun formulario de consulta
que, en caso de contratación efectiva determinará
as condicións particulares do servicio
contratado que estarán unidas a unhas condicións
xerais de contratación. Sen embargo para
recibir determinadas informacións si será
obrigatoria a referida inscrición mediante
a introducción de determinados datos nun
formulario de consulta. Ademais o USUARIO tamén
poderá inscribirse de forma voluntaria.
QUINTA.- PROTECCIÓN DE DATOS: En relación
cos datos de carácter persoal facilitados
polo USUARIO no formulario de alta, JROC cumpre
estrictamente a normativa vixente establecida
na Lei 15/1999 de Protección de datos de
carácter persoal e demais lexislación
que a desenrola e informa ó USUARIO que
os datos referidos serán incluídos
dentro dun ficheiro para o seu tratamento informatizado
prestando o USUARIO consentimento mediante a aceptacións
desta condicións xerais a dito tratamento.
JROC recolle determinados datos
persoais que son introducidos polo USUARIO libremente
nun formulario coa finalidade de poder contestar
e identificar as peticións realizadas polo
USUARIO, por eso necesitamos saber quen é
para coñecer as súas necesidades.
JROC informa que xestionará automaticamente
estes datos para a administración, ampliación
e mellora dos seus servicios así como para
fins técnicos e comerciais sobre os productos
e servicios ofrecidos.
En todo caso, os datos recollidos
e tratados por JROC son unicamente os básicos
para as finalidades sinaladas anteriormente, os
campo nos que figure un asterisco * son aqueles
que requiren unha resposta obrigatoria e de non
ser así a consecuencia sería a denegación
do servicio.
O USUARIO que introduza os seus
datos persoais nos distintos formularios de alta
terá pleno dereito a exercitar os seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación
e oposición en calquera momento solicitándoo
a JROC. En todos caso, JROC se compromete a cancelar
os datos persoais recollidos cando foran de ser
necesarios ou pertinentes para a finalidade para
a cal foron recollidos.
Ademais, JROC informa ó USUARIO,
que mediante a adhesión as presentes condicións
xerais presta o seu consentimento á cesión
dos datos persoais acadados por parte de JROC no
seu sitio web a outras compañías
relacionadas claramente ou participadas directamente
por JROC.En todos caso, o USUARIO poderá
revocar o consentimento para a cesión dos
seus datos a JROC solicitando a datos@JROC.com
JROC asegura a absoluta confidencialidade
e privacidade dos datos persoais recollidos e
por iso adoptáronse medidas esenciais de
seguridade para evitar a alteración, perda,
tratamento ou acceso non autorizado e garantir
así a súa integridade e seguridade.
Sen embargo, JROC non pode garantir plenamente
a invulnerabilidade absoluta dos seus sistemas
de seguridade posto que ningunha medida de seguridade
que se instale pode ser na actualidade inquebrantable,
por tanto JROC non será responsable en ningún
caso das incidencias que poidan xurdir en torno
ós datos persoais cando se deriven ben
dun ataque ou acceso non autorizado ós
nosos sistemas de tal forma que sexa imposible
detectalo polos nosos sistemas de seguridade ou
ben cando se deba a unha falta de dilixencia do
usuario en canto á garda e custodia das
súas claves de acceso ou dos seus propios
datos persoais - ver cláusula sexta- concretamente
JROC non garante que terceiros non autorizados
que realicen calquera tipo de ataque ó
sistema poidan ter coñecemento das características
do uso que os USUARIOS fan do sitio web de JROC.
En todo caso, JROC reitera que se
compromete ó respecto e confidencialidade
absoluta na recollida e tratamento dos datos persoais
de tal forma que o USUARIO poida saber en todo
momento que datos están en poder de JROC
e como están a ser utilizados a través
dun envío de correo electrónico
a mail@server.com. todos os seus comentarios e
suxestións son sumamente valiosas para
nós co fin de mellorar o noso sistema de
protección de datos.
O usuario é responsable
da veracidade dos seus datos, comprometéndose
a non introducir datos falsos e a proceder á
modificación dos mesmos se fose necesario.
SEXTA.- XURISDICCIÓN E LEI APLICABLE.-
As presentes condicións xerais réxense
pola lexislación española. Toda
controversia ou conflicto que se derive das presentes
condicións xerais se resolverá definitivamente,
mediante arbitraxe de un ou máis árbitros
no marco da Corte Española de Arbitraxe,
de conformidade co seu regulamento e Estatuto,
á que se encomenda a administración
da arbitraxe e a designación do árbitro
ou do tribunal arbitral. As partes fan constar
o seu compromiso de cumprir o laudo arbitral que
se dicte. Subsidiariamente para o caso de que
esta vía non chegue a solucionar definitivamente
o conflicto serán competentes para a súa
resolución os Xulgados e Tribunais de Santiago
de Compostela renunciando expresamente o USUARIO
a calquera outro foro que puidese corresponderlle.
SÉPTIMA.- No caso de que calquera cláusula
do presente documento sexa declarada nula, as
demais cláusulas seguirán vixentes
e interpretaranse tendo en canta as vontade das
partes e a finalidade mesma das presentes condicións.
JROC poderá non exercitar algún dos
dereitos e facultades conferidos neste documento,
o que non implicará en ningún caso
a renuncia ós mesmos salvo recoñecemento
expreso por parte de JROC.
|